CHAMÁMOSTE

Dános o teu nome e número de teléfono e un técnico porase en contacto contigo para concertar unha cita. Servizo de atención de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas.

[caldera_form id=”CF5a0d18998aa94″]


Se o prefires podes chamarnos

Chámanos ao 902 44 55 33 ou ao 94 404 14 04 de luns a venres de 8:00 a 20:00, e os sábados de 9:00 a 13:00.

Cobertura España, Portugal e Andorra con máis de 140 centros.

Sabemos que a efectividade e a prontitude son dous factores clave á hora de resolver as dúbidas ou incidencias do cliente. Por iso, o noso servizo de asistencia técnica cobre todo o territorio nacional. Os nosos centros de servizos están prontos para atenderte en calquera momento. Grazas a isto, os nosos técnicos acoden onde esteas coa maior prontitude posíbel e coa tecnoloxía precisa que lles permite conectarse «en liña» á central de datos, podendo así coñecer toda a información necesaria para resolveren a incidencia adicional. A calidade dos nosos centros de servizo está avalada polo Certificado do Sistema de Xestión da Calidade AENOR ISO 9001, 2008.

Porque chegamos onde queira que estean os nosos clientes.

140 centros. Estamos onde nos necesitas

DESCUBRE OS NOSOS CONSELLOS

En Sareteknika pomos á túa disposición un grupo de expertos co fin de ofrecermos asistencia técnica.

Descubre todo o que precisas sobre consellos de utilización, axuda ou limpeza e mantemento dos teus aparellos por medio desta sección que iremos ampliando diariamente.

Atención ao cliente

O noso centro de chamadas, composto integramente por profesionais altamente cualificados e con ampla experiencia, xestiona unha media de 1000000 de incidencias ao ano.

Elevada capacidade resolutiva

O noso servizo de atención telefónica atende as túas necesidades de luns a venres de 8:00 a 20:00 e sábados de 9:00 a 13:00.

A nosa relación de capacidade de chamadas atendidas é das máis elevadas que se poden acadar no sector, con máis dun 97 % de chamadas atendidas.

+1 millón de contactos ao ano

keyboard_arrow_up